mércores, 12 de xuño de 2019

No mercado de Cambados

Despois de tanto tempo, chegou o día tan esperado, a venta no mercado de Cambados. Os nosos alumnos e alumnas fixeron gala das súas competencias lingüísticas, matemáticas, do sentido de iniciativa, as habilidade sociais e cívicas, e así amosar o resultado de tanto tempo de traballo e preparación. Porque non se trataba so de fabricar produtos, ou de colaborar, como así o decidiron coas ONG de Cáritas e o Refuxio de Cambados. O programa ía moito máis alá. Aprenderon a facer actas, estatutoss, instancias, carteis publicitarios, a poñer etiquetas, a coidar o posto de venta, a pasar por un control de calidade cada produto ... En definitiva, a aplicar na vida real o que se ensina nos libros, nos pupitre, nas aular.Noraboa rapaces e rapazas.
Grazas a todas as familias que nos acompañaron, ao profesorado do centro, ao persoal e representantes do Concello, de Cáritas, do Refuxio, a toda a comunidade educativa que fai posible cada día esta realidade.

martes, 11 de xuño de 2019

Preparando a venta.

Estes días  andamos a voltas co deseño dos carteis en ordenador para publicitar a venda de mañá no mercado de Cambados. Varios carteis xa quedaron colocados nos corredores do centro e algúns serán distribuídos hoxe pola tarde en algúns locais do pobo.
Ademais o director do centro e as presidentas das dúas cooperativas SA e FDA desplazáronse ata o Concello para recoller as autorizacións para o posto de venta e foron ao banco a pagar as taxas municipais correspondentes.
Unha das socias encargouse se supervisar o empaquetado de todos os produtos e a secretaria puxo ao día a contabilidade.
Con todo preparado, cos correspondentes identificativos e cos carteis distribuídos so queda coñecer as quendas de venda e serán as seguintes:
Invitámosvos a visitarnos!

Quendas
Caixeiros
Rexistro de ventas
Vendedor
Publicidade/
Loxística
10:00- 10:40
Mateo S
Maroa
Candela- David
Brais
10:40- 11:20
Carolina
Aldara
Martiño- Xabi
Olalla
11:20-12:00
Mencía
Iker
Vicki- Diego
Iago
12:00- 12:40
Mateo M
Gabriel
Gio
Pablo
12:40- 13:20
Irene
Mariña
Salomé
Nico

Pólvora, globos que se inchan sen soplar ...

Hoxe tivemos máis experimentos e un deles deixounos abraiados porque os dous nenos que o presentaron fixeron nada máis e nada menos que  "pólvora" e ardeu de forma espectacular diante nosa.
Misterios das mesturas e as reaccións químicas que empezamos a estudar. Fascinante.
Outra das experiencias deu un resultado sempre chamativo pois vimos como inflar un globo sen soplar nadiña.
O experimento de Martiño quedou a medias e temos que seguir facendo hipóteses sobre cales serán as condicións idóneas para que flote a agulla. Aínda non o conseguimos, pero non imos abandoar!.

David, tamén conseguiu deixarnos coa boca aberta ao observar como a ausa sube soíña no vaso. Como o conseguiu. Recordades?

O experimento de onte de Iker a semana pasada tamén foi ben vistoso. Grazas ao mel, á auga e ao aceite vimos como se comportan os líquidos de diferentes densidades e onde se sitúan os sólidos que tentamos afundir: unha moeda, unha cenoria e un tapón de cortiza. Ti que cres ...?

mércores, 5 de xuño de 2019

Día Internacional do Medio Ambiente

Hoxe, grazas ao programa da Voz de Galicia "Prensa- escola" e ao xornal que recibimos todos os mércores, puidemos ler con detalle moitos dos artigos que nos falan da importancia do coidado do Medio Ambiente e volvemos recordar cando saímos a facer a limpeza das praias, a importancia de non tirar bolsas de plástico nas papeleiras abertas perto do mar, na importancia de non tirar lixo e de limpar o noso contorno polo noso propio ben ... e polo noso futuro.

venres, 31 de maio de 2019

O Libro Viaxeiro

Andamos xa cos últimos retoques para a entrega da edición deste ano do Libro Viaxeiro adicado a Xulio Verne. Nós traballamos co libro "Un capitán de quince anos" e démoslle unha voltiña  ao mundo das viaxes que tanto lle apaixoou a Xulio Verne. Unha reflexión que nos fixo pensar en viaxes que van máis alá do turismo, o ocio, a aventura e que nos falan doutras viaxes máis cargadas de dor: a emigración, os refuxiados, os exiliados, as viaxes forzosas ás que someteron aos escravos noutro tempo ... ou tal vez neste?

Diseño de cartelería

Para preparar a publicidade que repartiremos polos establecementos de Cambados anunciando o mercado do vindeiro mércores, día 12, varios nenos e nenas andiveron dándolle voltas ao programa CANVAS de diseño por ordenador de carteis. Xa parecen proifesionais!
Sempre co logo corporativo. Recordade

Operadores mecánicos

Gabriel presentounos hoxe unha impresionante roda dentada; unha sorprendente montaxe que permite observar con moita claridade e sinxeleza como se transmite o movemento. Moitas grazas, Gabriel.